domingo, 23 de octubre de 2016

Actividade de positivo UD 1: The Mission

"The Mission" é un filme inglés dirixido por Rolland Joffée datada do ano 1986. Esta é unha reseña sobre a película:
1) Contexto histórico (onde e cando suceden os feitos?)
A acción transcorre nunha xungla tropical próxima ás cataratas de Iguazú, Paraguay. Sitúase en dous escenarios diferentes; nos poboacións guaraníes por enriba do río Paraná (San Miguel e San Carlos) e na capital, Asunción.
Realmente, a rodaxe tivo lugar en Cartaxena de Indias onde se intentou crear a ambientación da Hispanoamérica do século XVIII.  Históricamente, os acontecementos teñen lugar en 1756 na fronteira entre Brasil e Paraguay.



2) Narración dunha escena que faga referencia ó tráfico/trata de escravos:
Do minuto 1:24 ata o 1:30 pódese apreciar un claro exemplo de tráfico de indíxenas. Primeiro aparecen os guaraníes na selva sendo atrapados por enormes redes atadas ás árbores, os que logran escapar chegan ata o Pai Gabriel e advírtenlle da ameaza antes de que Rodrigo Mendoza sexa descuberto observándoos. Entre os dous protagonistas estabécese un crúo diálogo no que o xesuíta recrimínalle que "cazan máis alá das cataratas". Posteriormente, cambia a paraxe e vese como chegan os escravos ó campamento español atados de mans e pernas, algúns montados a cabalo e outros arrastrados a pé, unha muller protexe rápidamente a dúas nenas que berran de terror e o capitán saúda antes de entregalos.


3) Narración dunha escena que represente a expulsión dos Xesuítas:
Desde 1:25:02 ata 1:26:46 (película completa) represéntase a invasión dun dos centros xesuítas, estes visten con hábitos brancos. Os colonizadores irrumpen nunha edificación relixiosa e empuxan con violencia ós nativos, acorralan a un home con túnica marrón (un sacrdote) e sacrifican ós crentes. Tamén é subliñable a imaxe dos bebés no chan reclutados mentres un rapaz é encarado cun arma.



4) Narración dunha escena que reflicta o impacto colonial sobre a poboación indíxena:
Do minuto 53:00 ó 57:54 pode verse reflexada a imposición colonial. Un neno guaraní canta ante os seus protectores da fundación de San Carlos, os colonizadores e o enviado do Papa. Entón, Don Cabeza búrlase do rapaz asegurando que é unha criatura animal sen alma nin humanidade algunha, violentamente manipúlao e asegura que non merece ningunha proba de cristiandade nin a catolización xa que non son iguais que eles. Á protesta do Pai Gabriel ante o Cardenal asegura que non existe escravitude algunha no territorio español a diferenza dos métodos portugueses e que non vai tolerar un comportamento de desafío dun xesuíta.
Resultado de imagen para the mission

5) O mellor da película foi...
Para min, " A Misión" narra sen dúbida unha historia real e dura, mostra ata que punto chegou o mundo occidental para conquistar e minusvalorar ós "indios". Non obstante, tamén dá a coñecer outra perspectiva máis alentadora como é a evanxelización da poboación nativa. 
A miña escena favorita coincide coa redención de Rodrigo Mendoza (Robert de Niro), despois de meses facendo penitencia pola morte do seu irmán é liberado polos guaraníes da súa carga física (arrastraba unha enorme roca nas súas labores cotiás) e emocional (a culpa). Paréceme moi emotivo xa que el fora un dos soldados de alto rango e capturara a moitos dos indíxenas pero estes permítenlle vivir e acéptano na súa casa. Máis tarde altérnanse algúns retazos da adaptación de Mendoza ós costumes relixiosos, como le e cura un pé a unha muller ferida, axuda nas plantacións ou cociña para dous irmáns da orde.
Creo que este exemplo afirma unha vez máis o seguinte "é máis xeitoso dar que recibir".


6)Enlaces e comentario das fontes consultadas:
http://revista.drclas.harvard.edu/book/guaraníes-y-jesuitas-en-la-imaginación-histórica-moderna
http://www.clasicofilm.com/2015/10/la-mision-1986-hd_19.html
http://portal.educ.ar/debates/eid/lengua/publicaciones/del-dolor-tambien-se-aprende-la-mision.php
http://www.educacion.gob.es/exterior/centros/stgermain/es/biblioteca/mision.pdf

Consultei en Internet algúns datos da película e concretamente, tiven en conta catro páxinas web como base para o comentario. Considero que son fiables xa que a información aparece contrastada e coincide, os datos están extraídos de documentos redactados por docentes, periodistas... e a disparidade na orixe das mesmas (por exemplo unha das webs é un blog adicado só a reseñas de películas e outro é un pdf dun centro educativo).

Resultado de imagen para the mission

Onde ver a película (versión orixinal)http://fmovies.to/film/the-mission.7jwyj


No hay comentarios:

Publicar un comentario